Publicado por : Adycto 28 de agosto de 2007


Hoxe voltan a Xornal Aberto dous dos temas favoritos dos nosos lectores e do que escribe este blog: Fraga e a Cidade da Cultura. O ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, foi homenaxeado o pasado luns cunha cea por parte do PPdeG de Cabanas e de Pontedeume. O fundador do Partido Popular afanouse, antes da cea, na preparación dun "pisco-sour", unha bebida alcohólica que ofreceu aos asistentes ao acto mentres lles narraba a historia desta combinación de orixe peruana que, segundo indicou, toma o seu nome da cidade destruída por un recente sismo. Supoño que despois de dar boa conta deste combinado, Manuel Fraga afirmou que "do que estou máis orgulloso da miña época como presidente da Xunta é da planta de Reganosa e da Cidade da Cultura", segundo informou hoxe martes o xornal santiagués El Correo Gallego. Non contento con dicir isto, o señor Fraga comparou a Cidade da Cultura co Palacio de Versalles xa que, segundo o home que tivo o estado na cabeza, "tamén o Palacio de Versalles recibira críticas no seu día".


Ao mellor non vai tan desencaminado nesta comparación xa que, segundo nos conta a maravillosa Wikipedia, a construcción deste Palacio foi disposta polo rei Luis XIV como unha pequena cidade alonxada dos problemas e Fraga, por outra banda, tamén foi rei (aínda que o chamaban presidente) e posiblemente pensase en contruir o "mostruo" para desviar a atención da xente dos problemas que asolaban a nosa terra neses anos. O malo é que creo que eiquí acábanse as similitudes (bueno supoño que o gasto de cartos feito para construir ambas obras sería tamén desmesurado) xa que, no Palacio de Versalles polo menos vivíu xente (din que ata 20.000 persoas) co cal tivo algún uso, cousa que dubido que teña a nosa Cidade da Cultura algún día, e por outra banda, no ano 1979, a Unesco declarou Patrimonio Universal da Humanidade este edificio, cousa que sinceiramente dubido bastante que pase algún día co noso. Iso sí, como dicía ao principio, as dúas obras están imaxinadas por persoeiros totalitarios, alonxados da realidade na que estaban os seus "súbditos", despreocupados polos problemas destes e imbuidos dunha ambición de pasar á Historia propia dos gobernantes máis tolos da historia da humanidade.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -