Publicado por : Adycto 3 de setembro de 2007


O xornal santiagués El Correo Gallego publicaba onte unha entrevista co ex-conselleiro de Cultura galego durante os gobernos Fraga, Xesús Pérez Varela. No transcurso da entrevista, que versa única e exclusivamente sobre a Cidade da Cultura, Pérez Varela dá explicacións realmente sorprendentes de por que se realizaron as obras da Cidade da Cultura, de como o goberno galego asumiu o incremento dos orzamentos, de como houbo "despilfarro 0" na obra e de moitas cousas máis. O mellor que podedes facer é pinchar neste enlace e acceder a ela directamente. Unha vez leída poderedes comprobar, unha vez máis, como o home que chegou a afirmar que "os arqueólogos van a rematar co progreso en Galicia" e calificou a Carmina Burana de "gran cantante galega" segue sendo o mesmo mentecato, cretino e home carente de intelixencia e de escrúpulos que o señor Fraga puxo ao fronte da cultura galega durante os seus "reinados". As súas explicacións sobre as motivacións que levaron á construcción do "mostruo" (facía falta gastar tanto para unha biblioteca, unha hemeroteca e un auditorio?????) e os beneficios que presuntamente imos sacar os galegos delas (van vir os de Kodak a presentar as súas novidades mundiais a Santiago????) son as que daría un neno de catro anos.


Señor Pérez Varela non cree que se gastase os preto de 400 millóns de euros investidos ata o de agora nas "pistas de esquí" en rehabilitar o casco histórico de cidades como Ribadavia ou Betanzos, en contruir, se vostede quere, un palacio da ópera como o que está na Coruña en Vigo (non en Santiago para facerlle competencia), trasladar o Arquivo do Reino de Galiza a unhas instalacións dignas e espaciosas en Santiago e, en definitiva, gastar eses cartos en apoiar a cultura dun país máis que en facer esa obra faraónica que aínda ten moitos cartos por comer, non estaría facendo algo mellora para os país?. Cree en serio que iso era o que necesitaba Galiza para revitalizar a súa "cultura" ou é mais un rollo do tipo "se os vascos estes teñen o Guggenhaim (ou como se diga) nos, que somo así de caralludos, facemos a Cidade da Cultura"....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -