Publicado por : Adycto 21 de marzo de 2014

Resulta complicado atopar a orixe de determinadas frases que usamos a cotío. Unha da que sempre gostamos moito é aquela que dí o de que "a política fai estranos compañeiros de cama". Moitos danlle a súa autoría ao político inglés Winston Churchill -autor de moitas citas célebres- aínda que non hai unha certeza absoluta de que sexa el o seu inventor.
O que sí está claro é que foi o xenial Groucho Marx o que "mellorou" esta cita para convertila en "non é a política a que fai estranos compañeiros de cama, senón o matrimonio". Pero non é a orixe da frase do que queremos falar aquí hoxe, senon de como esta cita non deixa de utilizarse na crónica política, sexa apropiado o seu uso ou non.


E dicimos isto en relación á visita que o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, realizou hai pouco máis dun mes a Turquía. Durante a mesma, enmarcada nunha Reunión de Alto Nivel bilateral, Rajoy ampliou un día máis a súa estancia en Ankara para asistir á inauguración dunha liña de metro na capital turca, na que participara una empresa catalana. Os medios deron conta, no seu momento, de que a  inauguración desta nova liña de metro "convertíuse" nun acto cun marcado tón electoral por parte do primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, a poco máis dun mes dun proceso electoral local no seu país.

Todo o mundo comentou eses días que o acto foi unha xogada maestra de Erdogan e que Rajoy meteuse nun charco co que non contaba -o enésimo da súa dilatada carreira política- xa que a maioría dos asistentes portaban bandeiras do partido gobernante e coreaban consignas en favor de Erdogan e da súa forza política. A xente comezou entón a dicir aquilo de que a política fai estranos compañeiros de cama para referirse ao caso, se cadra por iso de que o partido de Erdogan, o AKP, fose un partido islamista.

Hoxe, sen embargo,  lemos nos medios que Twitter foi bloqueada no país turco na noite do xoves, apenas unhas horas despois de que o primeiro ministro Erdogan ameazase con “limpala”. Segundo parece, Twitter está a ser clave na difusión dos casos de corrupción que, nos últimos tempos, están a aparecer no goberno turco e no partido de Erdogan. Esta rede social, e outras, xa foran claves na difusión das protestas de maio de 2013 no país, que caracterizáronse por unha forte represión das forzas de seguridade do país.

Cando pensamos nas moitas reformas que o Goberno de Rajoy ten en marcha para reprimir as protestas da xente contra as súas políticas, Lei Fernández incluida, en como está a afrontar Mariano o tema da corrupción no seu partido, ou no tipo de comparecencias públicas que lle gustan ao presidente, ao millor, resulta que Erdogan e Rajoy non eran compañeiros de cama tan estranos como poidera parecer.

Unha vez máis, parece que Groucho volta a ter a razón.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -